A karateka Cristy Tojo impartirá na Pobra un curso de autodefensa para mulleres

12 Marzo 2024

Co gallo do Día Internacional da Muller, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal botou a andar unha completa axenda con accións para tódalas idades que chegará á súa fin no 23 de marzo, cun curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. No acto de presentación estiveron presentes a asesora xurídica da muller, María Pérez, e a axente da igualdade, Carolina Rodríguez. O dito curso conta con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, segundo explicaron.

A actividade celebrarase no Polideportivo Municipal de Venecia, das 10.30 ás 13.30 horas, a cargo da medallista internacional na modalidade de parakarate, Cristy Tojo, quen leva 21 anos como docente de artes marciais en diferentes modalidades e 13 anos como facilitadora de autodefensa feminista.

Para favorecer a participación das mulleres interesadas, disponse dun obradoiro de conciliación de balde para as crianzas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, atendido por monitorado especializado.

As prazas son limitadas, polo cal se require a inscrición previa a través do Departamento da Igualdade, situado fronte á casa do concello, co teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 5 ou 6, ou no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.