A Irmandade da Paixón de Cristo (Rianxo) achegou a súa axenda de actividades para a Semana Santa

17 Marzo 2024

O Concello de Rianxo compartiu a axenda de actos de Semana Santa organizados pola Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo. O programa comezou o 1 de marzo cunha misa solemne na honra de Xesús Nazareno. As actividades continuaron este sábado 16 de marzo, con outra misa solemne e coa imposición de medallas encadrada no programa da Irmandade da Paixón de Cristo. A maiores, os días 20, 21 e 22 de marzo celebrarase o triduo na honra da Nosa Señora dos Dolores (con misa os días 20 e 21, ás 19.00 horas, e misa solemne o día 22, ás 20.00 horas, e con procesión ao rematar o oficio).

O 24 de marzo, Domingo de Ramos, celebrarase ás 11.30 horas a tradicional Procesión de Ramos dende a Igrexa Parroquial até a Capela da Nosa Señora da Guadalupe, onde serán bendicidos os ramos para regresaren logo os fregueses á igrexa parroquial e oficiarse a Santa Misa.

O 27 de marzo, Mércores Santo, haberá dous grandes actos relixiosos: ás 20.00 horas o acto de ánimas e confesións e ás 21.00 horas o Via Crucis penitencial polas rúas de Rianxo.

No 28 de marzo, Xoves Santo, celebrase a Santa Misa da Cea do Señor ás 19.00 horas e ás 21.00 horas a procesión e, ao rematar o percorrido, a celebración da Hora Santa.

As actividades do Venres Santo (29 de marzo) arrincarán ás 10.00 horas co Anuncio do Santo Encontro polas rúas de Rianxo, a cargo da Banda de Tambores da Irmandade da Paixón de Cristo. Ás 11 horas celebrarase o Santo Encontro na praza Castelao, ás 19h os Santos Oficios (Adoración da Cruz e Desencravo) e ás 22.00 a Procesión do Santo Enterro.

O 30 de marzo, Sábado Santo, inclúe ás 21.00 horas a cerimonia da Vixilia Pascual. Ao finalizar, o Cristo da Misericordia volverá á súa capela.

A axenda rematará o Domingo de Resurrección, 31 de marzo, cunha Misa de Resurrección ás 12.15 horas.

Segundo informou a Irmandade, en caso de choiva os actos desenvolverase no interior da Igrexa Parroquial de Rianxo.

O programa vén da man da Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo en colaboración co Concello.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.