A Deputación presenta na feira B Industrial de Barcelona o Estaleiro de Ciprián de Outes

14 Marzo 2024

A Deputación da Coruña presenta na feira B Industrial de Barcelona o museo outense de carpintaría de ribeira Estaleiro de Ciprián e o patrimonio industrial e militar do Golfo Ártabro. O congreso de turismo internacional celébrase na cidade condal ata o domingo, onde expositores de toda España e representacións de diferentes países de Europa mostran diferentes aspectos turísticos das súas terras.

A delegación da provincia da Coruña, encabezada polo vicepresidente da entidade e deputado de Turismo, Xosé Regueira, xunto coa deputada provincial Soledad Agra, realizará este venres ás 17 horas unha exposición na Sala Príncipe do Recinto Feiral de Montjuic sobre dous dos atractivos turísticos do territorio, como son o Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira Estaleiro de Ciprián, no Concello de Outes, e o patrimonio industrial e militar do Golfo Ártabro.

A programación da Deputación nesta feira completarase cunha presentación e degustación, por parte da empresa outense Conservas Sotavento, das súas conservas xa que “a industria conserveira é tamén un importante recurso turístico, con moita historia e identidade, e que é sinónimo de patrimonio, cultura e marca país”, apuntou Regueira.

Un estaleiro tradicional rehabilitado

O Espazo Museístico da Carpintaría de Ribeira de Outes, tamén coñecido como Estaleiro de Ciprián, é unha obra recente de Fuertes Penedo Arquitectos, estudio con centros de traballo na Coruña e Vigo. A entidade responsábel da intervención (inaugurada en febreiro de 2023) foi o Concello de Outes, que quixo pór en valor o espazo (para transformalo nun museo dedicado á carpintería de ribeira) e reivindicar a longa e rica tradición construtora de barcos da contorna litoral outense e da súa contorna. Foi distinguido na Bienal Española de Arquitectura na modalidade de rehabilitación. O xurado destacou o relevante obxectivo de recuperación histórica que acompaña ao proxecto e lle serve de alicerce: “Galicia contou con máis de cen estaleiros tradicionais ao longo da costa, pero na actualidade unicamente quedan dez en pé”. O encargo para a rehabilitación do estaleiro tradicional de Ciprián nace a finais do ano 2018, atopándose o inmóbel nun avanzado estado de ruína. Con este proxecto púxose en valor unha edificación senlleira do patrimonio marítimo do bordo litoral de Outes, erguida a finais do século XIX e construída en madeira, granito e tella aproveitando os recursos locais así como técnicas construtivas propias da carpintería de ribeira”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.