A ANPA Caramecheiro organiza este martes unha xornada de formación sobre novas tecnoloxías para alumnado, docentes e familias

31 Marzo 2024

A ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira, ante a crecente preocupación pola influencia negativa que pode ter o uso sen supervisión e control das novas ferramentas dixitais entre as novas xeracións, vai organizar esta semana unha actividade de divulgación que achegará unhas cantas claves de utilidade para a comunidade educativa, nais, pais e adolescentes, co obxectivo de garantir navegacións seguras e enriquecedoras.

Así, este martes 2 de abril a asociación prepara unha Xornada de Formación para todo o alumnado de 4º ESO e unha sesión de tarde para os docentes e todas as familias que desexen falar sobre as súas inquedanzas e saber máis sobre os perigos dun mal uso dos actuais dispositivos.

Falarase sobre o problema da conexión permanente ou prácticas fraudulentas e violentas como o phishing, o ciberacoso, o ciberbullying, e como usar correctamente estes dispositivos como boas ferramentas. “A intención é aportar un pouco máis de cultura dixital a nosa mocidade”, explican dende a ANPA a respecto destas actividades, que contarán coa presenza do experto local en novas tecnoloxías Gustavo Llovo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.