“Vello ou usado?. Velaí a cuestión” – Antón Luaces

28 Febreiro 2024

De vivir, meu pai cumprirìa hoxe 104 anos. Pero morreu aos 47 (un neno, para súa nai, miña avoa Maripepa; un home “de certa idade”para nós, os fillos). Cada quen fala da feira segundo lle vai nela.

Preguntaráse o lector a que ven esta reflexión e vou explicalo: a escritora e xornalista catalana Maruja Torres (María Dolors Torres Manzanera), na entrevista que lle fixo estoutro día na televisión Jordi Évole dixo, máis ou menos textualmente: “Ser vello non é un insulto, é un logro”.

Miña nai dicía que “vellos son os trapos. As persoas son maiores”. Eu, que teño os mesmos 80 anos que ten Maruja Torres, afirmo rotundamente que cumprir anos é darlle unha outra volta ao calendario, poñer este patas arriba e facer un corte de mangas -agora unha peineta- á Intelixencia Artificial que todo o revolve e trastorna. E quedo tan ancho. Ata que veñen as maniotas a lembrarte que levan aí oito decenios agardando o relevo; ata que o teu cerebro di que vaias por aquí e as túas pernas lévante por acolá; ata que o autobús urbano chega á súa parada e o perdes por non dar chegado a tempo de collelo; ata que te decatas de que, aínda comendo menos do que comías cando eras novo, a pensión de xubilación non dá para máis e tes que botar man dos aforros -cando os tes- para poderes chegar a fin  de mes.

Se non fora por estas “pequenas” cousas, claro que ser vello sería un logro. Ou ao mellor é que á admirada Maruja Torres non lle ocupan os argumentos que empregamos os que, por exemplo, nos preguntamos por que diaños temos que seguir a pagar o IRPF dempois de o ter pagado durante a maior parte da nosa vida laboral (e se non o pagamos antes foi porque Franco non tivo tal ocorrencia). Tamén pode ser porque á escritora e xornalista pagar os prezos que rexen nos mercados da luz, do gas, do pan, das patacas, do peixe, da carne, do leite, etc., tráelle ao garete algo que si nos afecta a aqueles que xa nos acostumamos a ter a pensión na conta bancaria o día 25 de cada mes e cabreámonos cando ese 25 cadra en fin de semana e non se fai efectivo pola entidade bancaria seu ingreso ata o luns seguinte.

Polo demais, si é un logro chegar a vello, ser vello. Porque non chegar é sinónimo de estar morto, finado, capito, acabado, perdido para todas as causas (agás a de figurar na listaxe de “ausentes para sempre”).

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...