USC e o Concello de Outes achegan unha nova edición da formación sénior Camiños de Coñecemento e Experiencia

14 Febreiro 2024

A Universidade de Santiago e o Concello de Outes achegan este ano 2024 unha nova edición do ciclo formativo universitario para persoas maiores Camiños de Coñecemento e Experiencia. O programa inclúe media ducia de actividades formativas (seminarios, visitas, obradoiros) e para anotarse nelas as persoas interesadas deberán chamar ao Centro Social de Outes (981 850 575 / 637 063 566).

A axenda comeza o 28 de febreiro pola tarde, de 16.30 a 18.00 horas, co seminario Cambio climático ou o que podemos perder. Imparte José Antonio Rodríguez Añón, profesor titular do Departamento de Física Aplicada da Facultade de Físicas da USC, e máis Xurxo Proupín Castiñeiras, profesor titular do Departamento de Física Aplicada da Facultade de Físicas da USC.

As sesións proseguen o 1 de marzo, cunha visita á EDAR de Outes, en horario de 16.30 a 18.00 horas. Os contidos virán novamente da man de José Antonio Rodríguez Añón, profesor titular do Departamento de Física Aplicada da Facultade de Físicas da USC, e máis Xurxo Proupín Castiñeiras, profesor titular do Departamento de Física Aplicada da Facultade de Físicas da USC.

O 5 de marzo continúa a actividade co seminario Plantas medicinais, que se desenvolve en horario de 16.30 a 18.00 horas, da man de María Pilar Riveiro López, docente do Programa Universitario de Maiores (Cuarto Ciclo da USC).

O 6 de marzo desenvolverase un obradoiro práctico de recoñecemento das plantas medicinais máis frecuentes en Galicia, impartido por María Pilar Riveiro López, docente do IV Ciclo da USC. Levarase a cabo en horario de 16.30 a 18.00 horas.

O xoves 7 de marzo celebrarase un novo seminario (Formas de xestionar a nosa esfera patrimonial de cara ao futuro I) en horario de tarde, a partir das 16.30 horas, impartido por Carmen Temperán Isorna, notario do Concello de Outes. A segunda sesión deste seminario sobre patrimonio celebrarase o 14 de marzo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.