Un veciño de Ribeira sufre un infarto nun autobus a altura de Xarás

01 Febreiro 2024

Un veciño de Ribeira de 58 anos, foi trasladado ao Hospital do Barbanza tras sufrir unha parada cardiorrespiratoria cando viaxaba nun autobús de liña xunto á súa muller e a outra media ducia de persoas para dirixirse ao referido complexo hospitalario situado no lugar de Salmón, na parroquia ribeirense de Oleiros.

O home xa se atopou mal cando se espertou e levantouse da cama, polo que decidiu acudir ao devandito centro sanitario no transporte público para que o vise un médico. Cando ese autobús estaba a realizar o seu roteiro, ese home chegou a perder a consciencia nun par de ocasións. Ao redor das once e dez da mañá, cando circulaba polo tramo das rotondas de Xarás, o enfermo entrou en parada cardiorrespiratoria e o chofer detivo o vehículo de pasaxeiros nunha parada que hai xunto uns depósitos da auga, e un dos ocupantes dirixiuse ao parque comarcal de Bombeiros de Ribeira para solicitar axuda.

A intervención dos bombeiros e a chegada dunha ambulancia de Soporte Vital Básico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 co equipo médico de Atención Primaria, permitiu á súa evacuación ao Hospital do Barbanza.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.