Somos Rianxo regalará unha “finde” romántica, cheques de 100 euros e unha cea para dúas persoas no marco da súa campaña de San Valentín

07 Febreiro 2024

Esta semana a asociación Somos Rianxo presentou a edición 2024 da campaña Namórate de Rianxo, destinada a reivindicar e visualizar o comercio local e máis as vantaxes de facer as compras en clave de proximidade. Na presentación da iniciativa, lanzada coincidindo coa proximidade do 14 de febreiro (Día de San Valentín) participou o alcalde Julián Bustelo, quen destacou “a importancia de apoiar ao noso pequeno comercio coa finalidade de seguir xerando emprego e riqueza no municipio rianxeiro, dando vitalidade ás parroquias e á vila e favorecendo unha atención de calidade e proximidade”.

Entre os premios inclúense unha fin de semana romántica, dous cheques de 100 euros e dúas ceas para dúas persoas. Para optar aos agasallos será preciso selar unha tarxeta da campaña en tres locais distintos e introducila nas caixas de correos colocadas nos espazos do amor antes do 14 de febreiro. De xeito complementario e buscando a participación cidadá tamén haberá agasallos para as persoas que se fagan fotografías nos recantos (photocalls) do amor habilitados polas diferentes parroquias de Rianxo para logo subilas ás redes sociais etiquetando a Somos Rianxo en Facebook e Instagram. Poderán optar a unha estancia nun spa para dúas persoas.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.