Rianxo celebra o Día de Rosalía, o 23 de febreiro, cun recital aberto á cidadanía no paseo da Ribeira

16 Febreiro 2024

O Concello de Rianxo, coa colaboración do Equipo de Normalización Lingüística do IES Félix Muriel e da Deputación da Coruña, vai celebrar o vindeiro 23 de febreiro o Día de Rosalía de Castro. A cita conmemorativa será na praza de Padrón (paseo da Ribeira) ás 18.00 horas. Temos máis información na web municipal.

A celebración do Día de Rosalía en Rianxo incluirá un acto de lembranza da inmortal poeta galega; un recital poético aberto á veciñanza, entidades asociativas, alumnado dos centros escolares do concello; unha ofrenda floral e un acompañamento musical.

O Concello informou que as persoas que estean interesadas en participar no recital libre e aberto, deberán enviar un correo, para unha mellor organización, á conta cultura@concelloderianxo.gal. Deberán incluír na mensaxe o seu nome e máis o poema elixido para ser recitado.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.