Renovación pastoral do Barbanza. Creanse as Upas de Boiro, Rianxo, O Son e Ribeira que afectan a todalas parroquias

27 Febreiro 2024

Entre os anos 2012 e 2016 a diocese de Santiago de Compostela celebrou un Sínodo diocesano, un proceso consultivo no que se convocou a tódalas comunidades a reflexionar sobre o presente da Igrexa e a renovación do seu impulso evanxelizador.
Entre as conclusións do Sínodo, que foron acollidas polo Arcebispo D. Julián Barrio, está unha renovación das estructuras pastorais diocesanas, adaptándoas a un tempo novo, ante o reto de evanxelizar nun entorno social e cultural plural, e dun compromiso coa nosa sociedade galega.
Unha destas propostas é a constitución de Unidades pastorais (Upas). Unha Upa é como unha comunidade de comunidades, unha agrupación de varias parroquias que camiñan xuntas, respostando ós desafíos pastorais dun tempo novo. Unha parroquia soa difícilmente pode atender ás novas necesidades da catequese, da formación de adultos, do compromiso social (Cáritas)…
O Papa Francisco está invitando a toda a Igrexa a reflexionar sobre a súa sinodalidade: a Igrexa é comuñón, é familia de familias, casa aberta onde a diversidade humana se reúne nunha mesma fe, reflexo da Trinidade, Deus, Pai, Fillo e Espírito Santo. Unha Upa está chamada a expresar no medio concreto esta comuñón e este compartir os dons da fe: equipos sacerdotais, corresponsabilidade laical, os carismas da vida relixiosa…


No que se refire á comarca do Barbanza , unha bisbarra cunha rica vida relixiosa, e con dinamismo social e demográfico. Hai unha rica tradición de catequese, de confrarías e comunidades relixiosas. O Arcebispo, D. Francisco José Prieto, desexa realizar unha forte aposta pastoral neste territorio, acollendo e impulsando toda esta realidade.
Actualmente están nacendo varias Unidades pastorais nesta comarca, un proceso que precisa tempo, pois trátase dunha nova forma pastoral que precisa dun gran esforzo de adaptación, e tamén de renuncias e sacrificios.
Hoxe é imposible que en cada parroquia haxa un cura, unha Eucaristía dominical, unha catequese, un grupo de Cáritas: é necesario integrarse. Upa significa traballo en equipo e en rede, corresponsabilidade, establecer novos vencellos, e buscar horizontes máis amplos. É un proceso que levará o seu tempo, e que necesita comprensión e sacar o mellor de nós mesmos. Pero aquí hai futuro.

Xorden tres novas Upas (Unidades Pastorais)
Boiro abarca as parroquias de Boiro, Macenda, Cures, Abanqueiro, Castro, Cabo de Cruz, Cespón e Bealo. Un equipo sacerdotal moderado por D. Juan José Bermúdez, xunto a D. Marcelino Barros e D. Juan Carlos Mariño.
Ademáis D. Juan Carlos Mariño, que xa se encontraba na zona, neste caso como moderador, e D. Juan José Bermúdez, serán párrocos solidarios de Taragoña, Fruime, O Araño e Isorna, quenes foron presentados nun acto na xornada de onte que xa publicamos en “obarbanza.gal”.
Porto do Son: parroquias de Muro, Xuño, Caamaño, Queiruga, Baroña, Ribasieira, Noal-Porto do Son, Nebra, Goiáns, Miñortos, Camboño e Boa. Un equipo de dous sacerdotes xa presentes na zona: D. José Ramón Jorge (moderador) e D. Antonio Vila.
Ribeira: conformada polas parroquias de Ribeira, Aguiño, Artes, Olveira, Oleiros e Corrubedo. Os seus sacerdotes serán D. Alfonso Mera (moderador), D. Sylvestre Marcel Ndongo e D. Sidónio Alves.

O Arcebispo desexa agradecer a xenerosidade e dispoñibilidade dos integrantes dos novos equipos sacerdotais, así como o traballo dos demais pastores que continúan realizando o seu labor no Barbanza, e especialmente, ós que finalizan agora o seu servizo: D. Rogelio Freijo e D. Carlos Julio Cárdenas. Tamén testemuñar a súa gratitude á adicación de tantos segrares que entregan boa parte do seu tempo en servizo ós seus irmáns na parroquia e na vida familiar, social e laboral, así como a significativa presenza das comunidades relixiosas que tan ben están a facer na bisbarra.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...