Política Lingüística convoca 1.200 prazas nos cursos preparatorios para a obtención do CELGA

16 Febreiro 2024

O DOG publica este 16 de febreiro a convocatoria, con carácter gratuíto, do cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (CELGA), niveis 2, 3 e 4, achegados pola Secretaría Xeral Xeral de Política Lingüística. A iniciativa encádrase no plan de formación en lingua galega do departamento que dirixe Valentín García e na súa aposta “por combinar a preparación presencial e en liña para chegar a calquera recanto facilitando o acceso ao coñecemento do galego a todas as persoas”.

As persoas destinatarias serán persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

En total, a Goberno galego convoca 40 cursos titorizados (nove presenciais e 31 en liña) preparatorios das probas para a obtención dos certificados en lingua galega CELGA 2, 3 e 4, o que supón un total de 1.200 prazas. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes de inscrición, tanto de cursos presenciais como en liña, a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística entre o 19 de febreiro e o 8 de marzo. Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso.

Proba de nivel

Como novidade, e co fin de conseguir o rendemento axeitado do curso, cando a persoa interesada solicite o curso no que desexa inscribirse, o sistema pediralle que realice unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta aos seus coñecementos previos da lingua galega. O resultado positivo da proba actuará como criterio de preferencia á hora de asignar as prazas do curso. As persoas que, doutra banda, non superen a proba, poderán inscribirse igualmente no dito curso, se ben non terá preferencia na asignación das prazas.

No caso de que algún dos cursos teña máis solicitantes ca prazas, a asignación destas será por sorteo e nunca por orde de entrada de solicitudes. A partir da relación de persoas que superaron a proba de nivel correspondente ao curso solicitado, obterase nun primeiro sorteo a listaxe do alumnado seleccionado. O dito sorteo realizarase en acto público o día 21 de marzo, ás 11,00 horas, no salón de actos da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en Santiago de Compostela. O resultado será publicado no Portal da Lingua Galega.

Cursos titorizados

Cada curso terá unha duración de 70 horas e as datas de realización destes van do 1 de abril ao 16 de maio. Os presenciais terán lugar en distintos centros de ensino das sete cidades galegas mentres que os impartidos en liña se realizarán a través da plataforma de teleformación de Política Lingüística.

Os cursos teñen carácter gratuíto e non xeran por si mesmos dereito a ningún tipo de certificación, pois están destinados á preparación das probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega Celga.

Oferta continua de autoformación

A maiores deste cursos titorizados, a Secretaría Xeral de Política Lingüística tamén ofrece a través da súa plataforma de teleformación cursos CELGA de autoaprendizaxe nos seus catro niveis, aos que a cidadanía pode acceder libremente en calquera momento, pois non están suxeitos a límites de prazas nin a datas de impartición. Estes cursos inclúen exercicios de léxico, gramática e comprensión e expresión oral e escrita, con actividades nas que o propio alumnado pode comprobar os seus progresos e consultar as respostas.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.