A Fundación Rosalía de Castro volve poñer en marcha este 2024 no aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.
COMO PARTICIPAR (*)
a) Fai un Caldo de Gloria:
– Podes seguir as instruccións que Rosalía dá no poema.
– Ou consultar a receita de Picadillo (1905).
– Ou seguir os consellos de Óscar Vidal, cociñeiro xefe d’O Pazo Asador de Padrón, a primeira Estrela Michelín da Terra de Iria que fixo o Caldo na Casa de Rosalía en 2023. Tamén podedes ver aquí a proposta de Lucía Freitas (do restaurante A Tafona, estrela Michelín) ou a de Xoanqui Ameixeiras.
b) Logo le un poema rosaliano (ou máis). Pode ser o ‘Miña casiña, meu lar’ que inspirou esta iniciativa, ou calquera outro.
c) Desfrútao e compárteo nas redes sociais cos seguintes cancelos (hashtags): #CaldodeGloria #DíadeRosalía
TOMA UN CALDO DE GLORIA – PARTICIPA NA ALBORADA DE ROSALÍA
Ademais, estes son os eventos que organizamos o 23 de febreiro de 2024:
Padrón
- 10.00. Saída da Rúa do Sol ata a Estatua de Rosalía no Espolón. Alborada cos Carapaus e lectura de poemas por parte do alumnado dos IES Camilo J. Cela e Macías o Namorado de Padrón.
- 14.00 Pasarrúas con Carapaus e cabezudos polo centro da vila. Degustación de Caldo de Gloria.
Santiago
- 11.00. Acto público, Alborada cos Carapaus e ofrenda na Praza de Vigo de Santiago.
- 12.00. Acto institucional no Hostal dos Reis Católicos. Con lectura de poemas rosalianos e música cos Carapaus, os alumnos da Escola de Música Estela Pereira e Lucas Lugo, e FAIA. Degustación do Caldo de Gloria posterior.
Casa de Rosalía
- 19.00 Degustación de Caldo de Gloria na Casa de Rosalía con Suso do Dezaseis e Uxía.
- 20.00 Concerto no auditorio da Casa de Rosalía: FAIA