Outes destinará o POS+ a mellorar o viario dunha chea de núcleos, o abastecemento e o saneamento na avenida de Fisterra e o acondicionamento do colexio vello do Cruceiro

19 Febreiro 2024

O Concello de Outes compartiu a listaxe de actuacións programadas que serán acometidas co financiamento do Plan de Obras e Servizos 2024 (POS+2024) da Deputación da Coruña que lle corresponde ao municipio. Os proxectos e a súa inclusión no POS foron aprobados pola Corporación municipal de Outes o pasado 8 de febreiro.

Trátase da seguinte listaxe de actuacións:

-Pavimentado do viario do núcleo de Moledo (Outes) por 58.416.30 euros.

-Pavimentado do viario do núcleo de Cambeiro (Outes), por 35. 497. 18 euros.

-Camiño e muro na Famelga (San Lourenzo), por 36.015.25 euros.

-Mellor núcleo de Sendón (Valadares), por 68.304.40 euros.

-Mellora viario en Braño (Sabardes), por 57.449.92 euros.

-Pavimentado viario en Cando, Lantarou e Catasueiro, por 74.033,58 euros.

-Renovación do abastecemento e do saneamento en avenida de Fisterra, por 124.493,66.

-Acondicionamento do andar superior do colexio vello do Cruceiro, por 129.473,62 euros.

A contía total que se vai destinar a estes proxectos é de 583.683,91 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.