Os Premios Youtubeiras 2023 entréganse este sábado en Santiago

13 Febreiro 2024

Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos de Rois, Rianxo, Ames, Carballo, O Grove, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Santiago e Teo, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación en galego no YouTube con temáticas e formatos diversos, así como de promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, fará entrega dos Premios Youtubeiras 2023 este sábado, 17 de febreiro.

A gala celebrarase no Teatro Principal de Santiago e contará coa condución de Nuria Vil e Gabri Fuentes e coa actuación musical de Mondra. Así o adiantaron este 13 de febreiro, en conferencia de prensa, a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín; a deputada de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Soledad Agra, e Nuria Vilán Prado (coñecida co nome artístico de Nuria Vil) quen se encargou de explicar diferentes detalles da gala.

Unha gala que procurará reivindicar o galego como un fogar integrador e diverso para a comunidade creadora de contidos na Rede. O Teatro Principal acollerá a partir das 20.00 horas a entrega dos galardóns nun evento no que haberá espazo para o humor, mais tamén para transmitir con rigor asuntos serios ao redor da lingua, da creación de contidos, das relacións interpersoais e tamén das redes sociais, un espazo que debe xerar sinerxías, afectos e debates, pero que en demasiadas ocasións se converte nun lugar virtual hostil.

Nesta liña, a gala dos Premios Youtubeiras porá sobre o escenario proximidade e reflexión para remarcar o significado do lema que os galardóns asumen nesta edición: Rede aberta, Rede diversa!

Na gala brindaráselles protagonismo aos conceptos de fogar e de seguridade a través do trato próximo que quere empregar o equipo artístico da gala e tamén mediante a simboloxía. Neste senso, para introducir cada unha das categorías emprégase como elemento de escenografía diferentes obxectos evocadores que manteñen relación coa creación de contidos para soportes visuais. Obxectos que, sen dúbida, serán, ben recoñecibles para a comunidade youtubeira.

Gala gratuíta e retirada de convites

A gala dos Premios Youtubeiras 2023 celebrarase ás 20.00 horas no Teatro Principal. O acceso será de balde, mais cómpre retirar os convites previamente. Os puntos de distribución serán físicos: a Zona C (rúa Preguntoiro, 1, xusto na entrada á praza de Cervantes) no seu horario habitual (dende hoxe martes até o sábado, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00) e o despacho de billetes do Teatro Principal dende unha hora antes do inicio da gala (dende as 19:00).

Máis de 32.000 minutos en galego

Un total de 18 propostas finalistas foron escollidas polo xurado de entre as 68 canles que se inscribiron para concorrer á edición de 2023 dos Premios. Durante a rolda de prensa, lembrouse que a esta cifra cómpre sumarlle os 24 vídeos propostos pola audiencia dixital para disputar o Premio do Público. Os vídeos no seu conxunto, publicados entre novembro de 2022 e novembro de 2023 nas diferentes canles, superan os 32.480 novos minutos en galego subidos ao YouTube.

As persoas finalistas aspiran a gañar algunha das oito categorías nas que se divide o certame nesta edición: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público. A proposta gañadora en cada categoría recibirá 1000 euros, agás no caso do galardón decidido polo público, cuxa dotación económica é de 500 euros. En total, os Premios Youtubeiras repartirán 7500 euros.

Dezaoito finalistas

Seis finalistas aspiran a levar dous galardóns neste 2023: OU ké! (finalista en premio Canle e en premio Rede), Toxío (Canle e Vídeo), Recuncho Gamer (Youtubeira e Pioneiro), Fica coa bola (Pioneiro e Premio do Público), Prado Rúa (Calidade Lingüística e Vídeo) e Savia Nova (Revelación e Premio do Público).

O premio Canle disputarase entre os xa citados Toxío e OU ké! xunto a Cinema Caníbal, mentres que o premio Youtubeira estará entre Recuncho Gamer, Exército Mekemeke e Pingando. Ao galardón Revelación aspiran O Faiado Podcast, Savia Nova e Luis do Río Pena. Os finalistas na categoría de vídeo son Derrubando Xigantes, de Toxío; Londres, de Malva; e SEG, de Prado Rúa.

No trío de finalistas en Calidade Lingüística atópanse Prado Rúa, Olaxonmario e Casa Gallinitas e a terna no caso do galardón Pioneiro está formada por Recuncho Gamer, Lilium e Fica coa bola. Ao premio Rede optan OU ké!, Alma da Vella Chousa e YouTube en galego.

Por último, o Premio do Público decidirase entre as tres propostas máis votadas na comunidade dixital: Noticias Dispersas, Fica coa bola e Savia Nova.

Outros artigos

En Aguiño centos de personas fixeron a andaina solidaria contra o cancro

Centos de persoas marcharon en Aguiño en beneficio da AECC e renden homenaxe a Josefa Abraldes. AECC Un total de 600 persoas uníronse á segunda edición da andaina solidaria “Aguiño contra ou Cancro”, organizada pola xunta local de Ribeira da Asociación Española Contra...

+

Pesar polo pasamento do xornalista Xavier Navaza Blanco

“Un calificado e sagaz xornalista, finísimo e agudo articulista político, requintado investigador e posuidor dunha sólida base cultural” son os calificativos que a Asociación da Prensa de Santiago (APSC/FAPE), da que foi Presidente nos anos 1980-83, destacou tralo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nos deben una explicación”. José Castro López

“Nos deben una explicación”. José Castro López

En el film de Berlanga “Bienvenido Míster Marshall”, Don Pablo, el alcalde de Villardel Rio -magistral Pepe Isbert-, después del paso de la “caravana de la abundancia” sinparar en el pueblo, se dirigió a sus vecinos para decirles “que yo, como alcalde vuestroque soy...

“Residencias universitarias” – José Manuel Pena

“Residencias universitarias” – José Manuel Pena

Comeza un novo curso escolar, nos diferentes campus universitarios. En Galicia, este ano, as matrículas universitarias serán gratuítas. Tamén xa o eran para os estudantes que obtiñan unha bolsa de estudos, principalmente procedentes de familias humildes, de acordo cos...