O vicepresidente da Deputación visita en Outes o Estaleiro de Ciprián e destaca o potencial turístico do territorio

08 Febreiro 2024

O Espazo Museístico da Carpintaría de Ribeira de Outes, tamén coñecido como Estaleiro de Ciprián, acolleu este xoves 8 de febreiro pola mañá a visita do vicepresidente da Deputación e deputado de turismo, Xosé Regueira, que estivo acompañado da deputada provincial, Soledad Agra; o alcalde de Outes, Manuel González López e o tenente alcalde, Anxo Núñez Fernández.

Nunha xornada na que tamén participaron representantes do sector turístico e agroalimentario, Regueira salientou o potencial turístico da comarca, “de gran calidade e riqueza paisaxística, con moitas opcións de ocio e gastronomía e, ademais, moi preto de cidades como Santiago ou A Coruña, o que o converten nun destino moi atractivo para un turista internacional”.

O vicepresidente destacou “as oportunidades de espazos en contornas naturais como esta” para dirixirse a “un perfil que valora a calidade e que deixa un impacto socioeconómico e medioambiental positivo na contorna”. Para iso, afirmou, “debemos definir, entre todos – sector privado e administracións públicas – o tipo de turismo que queremos e en que mercados queremos emitir turismo”.

Neste encontro no que Regueira aproveitou para coñecer o proxecto de recuperación do Estaleiro de Ciprián, contempláronse tamén as posibilidades deste espazo como recurso de turismo industrial e tradicional, “para poñer en valor, ademais, a historia e a memoria colectiva do territorio”.

Un referente museístico e arquitectónico

O Estaleiro do Ciprián, é obra de Fuertes Penedo Arquitectos, estudio con centros de traballo na Coruña e Vigo. A entidade responsábel da intervención (inaugurada en febreiro de 2023) foi o Concello de Outes, que quixo pór en valor o espazo (para transformalo nun museo dedicado á carpintería de ribeira) e reivindicar a longa e rica tradición construtora de barcos da contorna litoral outense e da súa contorna. Foi distinguido na Bienal Española de Arquitectura na modalidade de rehabilitación. O xurado destacou o relevante obxectivo de recuperación histórica que acompaña ao proxecto e lle serve de alicerce: “Galicia contou con máis de cen estaleiros tradicionais ao longo da costa, pero na actualidade unicamente quedan dez en pé”. O encargo para a rehabilitación do estaleiro tradicional de Ciprián nace a finais do ano 2018, atopándose o inmóbel nun avanzado estado de ruína. Con este proxecto púxose en valor unha edificación senlleira do patrimonio marítimo do bordo litoral de Outes, erguida a finais do século XIX e construída en madeira, granito e tella aproveitando os recursos locais así como técnicas construtivas propias da carpintería de ribeira”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.