O Son acolle o vindeiro 8 de marzo un obradoiro con recursos para persoas coidadoras

14 Febreiro 2024

Con motivo da vindeira celebración do Día Internacional da Muller, o concello de Porto do Son vai acoller unha actividade formativa que facilita recursos de utilidade para as persoas coidadoras.

Trátase do obradoiro Coidando a quen coida, que ten o obxectivo de formar ás persoas que teñen a outras persoas ao seu cargo en habilidades que lles axuden a mellorar a calidade e dos coidados que proporcionan así como o uso de axudas técnicas que lle faciliten o seu labor.

Amais, achegaranse ás e aos asistentes metodoloxías para previr o síndrome do coidador e co-dependencia nos familiares e coidadores e o burn-out nos coidadores.

O obradoiro será impartido por Marichel Costas Manzanares, enfermeira da EOXI A Coruña.

Celebrarase o 8 de marzo de 16:30 a 20:30 horas, no Club de Xubilados de Porto do Son. Organiza a Escola Galega de Saúde – ACIS. As inscricións cómpre facelas na Área de Servizos Sociais do 13 ao 29 de febreiro e na conta de correo maria.santos.lemina@portodoson.gal.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.