O senador Manolo Ruiz Rivas, pide ao Goberno un cambio para que poidan votar os mariñeiros que están en alta mar

15 Febreiro 2024

O senador do Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, está a avogar por un cambio na normativa para resolver a situación dos mariñeiros embarcados para que poidan votara. A proposta do senado ribeirense busca facilitar o voto daqueles que, debido ao seu traballo no mar, enfrontan dificultades para participar nas eleccións.

Tal como contamos en O Barbanza, a primeira comisión de Pesca do Senado, o grupo do Partido Popular logrou avances significativos para o sector pesqueiro na zona. Algúns dos puntos destacados inclúen:

Proxecto Perte para a cadea mar-industria: Aprobouse un proxecto estratéxico específico para a recuperación e transformación económica neste ámbito. Isto é relevante, xa que a pandemia de COVID-19, a guerra en Ucraína e a inflación afectaron o sector, pero non se contemplaron compensacións para a cadea mar-industria.
Baixada do IVE para peixes, mariscos e conservas, aínda que non contou co respaldo do PSOE, logrouse a aprobación dunha redución do IVE para estes produtos. Esta medida busca incentivar o consumo dos produtos do mar e dar a coñecer os seus beneficios.
Revisión de áreas vedadas á pesca de fondo e suspensión do veto a artes selectivas: Outra iniciativa exitosa foi a revisión das áreas prohibidas para a pesca de fondo. Ademais, búscase levantar o veto ás artes selectivas como o palangre e o enmalle.

Remitida


Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.