O senador do PP, Manuel Ruíz Rivas, pide ao Goberno non bloquear o saneamento das rías galegas poñendo en risco o financiamento comunitario

08 Febreiro 2024

O senador ribeirense, Manuel Ruiz Rivas, solicita que se “leve a cabo unha repartición igualitaria e equitativa de fondos aos concellos correspondentes a cada conca

O portavoz de Pesca do Grupo Popular no Senado, Manuel Ruiz Rivas, tamén solicita ao Goberno de Pedro Sánchez, nun segundo punto da moción, “realizar unha serie de medidas para mellorar a xestión que levan a cabo os organismos de concas intercomunitarias, como as Confederacións Hidrográficas do Miño-Sil e do Douro”.
 O senador pola Coruña denuncia que a Dirección Xeral da Costa e o Mar do Ministerio para a Transición Ecolóxica está a causar
atrasos no saneamento das rías e poñen en risco o financiamento comunitario, con 35 millóns de euros de fondos europeos consignados no período 2014-2020, un 40% do total”.
 Sinala que 20 concellos están pendentes de autorización de verteduras e que “importantes poboacións como Vilagarcía, Vilanova, Cabanas, Foz ou Viveiro levan unha tramitación de saneamentos que en moitos casos supera os 84 meses, iso é inconcibible”
 Ruiz Rivas recalca que a interpretación da Lei de Costas aplicada polo Ministerio ten como consecuencia que as actuacións de Augas de Galicia, de apoio aos municipios costeiros en saneamento e depuración, están a atrasarse por esta interpretación da normativa discrecional e restritiva, que ignora a unicidade socioterritorial da Comunidade.
 Lembra que o recurso do Goberno contra a Lei do Litoral de Galicia impide reverter a situación creada por esa interpretación da normativa realizada pola Dirección Xeral de Costas. “Aos que a outros se lles dá a nós négallenos”, denuncia o senador do PP.

 “As rías forman parte da nosa identidade e a nosa singularidade e o obxectivo de saneamento ten que ser prioritario e estratéxico”, asegura Ruiz Rivas, quen engade que, ademais, é unha fonte de creación de emprego e un atractivo turístico.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...