A Casa da Cultura de Boiro acolle esta fin de semana, o sábado 24 e o domingo 25 de febreiro, a dezasete edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza, organizado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza (Boiro).
Este evento, que comezou a súa andaina no ano 2007, ten como obxectivo “trasladar ao público os resultados dos traballos arqueolóxicos realizados na comarca do Barbanza nos que se presta especial atención á arte rupestre e ás investigacións recentes doutras partes de Galicia”.

O programa deste ano conta con once relatorios nos que van participar máis dunha vintena de relatores que exporán os seus traballos tanto a nivel nacional como internacional.
A axenda
Sábado 24 de febreiro
09.00h – Acreditacións e entrega de documentación
10.30h – Acto de apertura
11.00h – Interpretación arqueolóxica e da enfermidade a partir dos restos esqueléticos humanos (Francisco Etxebarría Gabilondo)
12.15h – Descanso
12.45h – O comportamento cultural durante o Pleistoceno Superior en África, algúns exemplos da Middle Stone Age surafricana (Paloma de la Peña)
17.00h – Blandomil Soterrado ( Lino Gorgoso López)
17.30h – Adro Vello: investigación, escavación e conservación dun xacemento plural. Campañas 2022-2023 (Patricia Valle Abad, Adolfo Fernández Fernández, Marta Lago Cerviño, Elvira Mangas Carrasco, Roberto Bartolomé Abraira, Iria Veloso Pérez, Olalla López Costas, Alba Antía Rodríguez Novoa, Fermin Pérez Losada)
18.00h – Espidas polo mar: escavación e recuperación das cistas da Idade do Bronce de Punta Riason, na Illa de Arousa (Sofía Baqueiro Vidal)
18.30h – Descanso
19.00h – Indagando nun novo tipo de xacemento: As rodas ou recintos circulares galegos (M.Pilar Prieto Martínez e Luis Cordeiro Maañón)
19.30h – De humanos e carnívoros na cova prehistórica de La Garma (Marián Cueto)
20.00h – Redescubrindo Pedra Cuberta: actuacións 2023 (Fernando Carrera Ramírez e Ramón Fábregas Valcarce)
Domingo 25 de febreiro
10.00h – A enfermidade nos albores da humanidade: Paleopatoloxía e evolución humana no Leste de África (Edgar Camarós)
11.15h – A formación das sociedades da Edadi de Bronce: unha perspectiva paleoeconómica e arqueoxenética (Roberto Risch, Vanessa Villalba e Marcelo Peres)
12.30h – Descanso
14.45h – A orixe do Homo erectus e a primeira tecnoloxía Achelense no continente africano: o rexistro dos xacementos de Melka Kunture (Eduardo Méndez Quintas)
14.00h – Clausura



