O río Tins (Outes) será obxecto de novas plantacións de árbores de ribeira os días 17 e 24 de febreiro (abertas ao voluntariado)

15 Febreiro 2024

Os sábados 17 e 24 de febreiro continúan as intervencións de voluntariado ambiental para a renaturalización fluvial do río Tins no Concello de Outes, como parte do proxecto Renatur_Outes. Desta volta as persoas participantes nestas accións abertas ao público de todas as idades plantarán varios centos de freixos (Fraxinus excelsior) e ameneiros (Alnus glutinosa), árbores frondosas propias dos bosques de ribeira, a carón do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano da Serra de Outes.

Segundo explican os responsábeis do proxecto, o obxectivo da acción é dobre: por unha banda consolidar os noiros do río para evitar erosión e danos durante os episodios de enchentes e, pola outra, contribuír á recuperación dos ecosistemas de ribeira, “pois estas árbores teñen unha especial importancia como refuxio de invertebrados bentónicos e pequenos invertebrados” explican, engadindo que nas xeiras de traballo pode participar calquera persoa e de calquera idade enviando un correo electrónico a info@montescola.org ata o día antes de cada unha das xornadas.

En ambos os dous casos os traballos comezarán ás 10:00 e seguiranse ata as 12:30 aproximadamente, momento no que se ofrecerá un pequeno petisco ao voluntariado participante. O punto de encontro será a Casa da Cultura da Serra de Outes.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.