O Noela acolle en febreiro a versión de Carauta Teatro de Moito ruído e poucas noces, de William Shakespeare

15 Febreiro 2024

O Coliseo Noela de Noia acollerá este mes de febreiro a versión da obra Moito ruído e poucas noces, de William Shakespeare, artellada polo Grupo Carauta Teatro e dirixida por Xurxo Barcala. A compañía compostelá representará a histórica peza do dramaturgo inglés o vindeiro 25 de febreiro ás 20:00 horas no Coliseo Noela, da man da Concellería de Cultura de Noia.

Nesta obra relátase como, tras anos de dura competencia no mercado, as corporacións de Solorzabal International e Navia Operaciones comezan un proceso de fusión empresarial. Durante o proceso de negociación, Claudia e Hipólito, fillos dos máximos accionistas, inician unha relación que rematará en voda. Unha vez na celebración do casamento, un evento de máximo nivel, comezarán a aparecer pequenos problemas do pasado que poñerán en perigo a realización do mesmo.

O espectáculo durará aproximadamente 60 minutos.

A entrada será gratuíta ata completar o aforo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.