O Concello do Son celebra o Entroido con mancheas de premios á creatividade e ao espírito festeiro

05 Febreiro 2024

O Concello de Porto do Son publicou nas redes o seu cartel das festas locais do Entroido, que inclúe unha axenda festeira, creativa e interxeracional. As actividades, que inclúen mancheas de premios, darán comezo o sábado 10 de febreiro ás 17.00 horas cun concurso infantil de disfraces. Haberá miniruada entre a praza de España e a carpa da zona portuaria, na que participarán a AF Chorimas e os Choqueiros de Noal (en caso de chuvia esta actividade trasladarase ao Pavillón de Santa Isabel. Os premios serán o seguintes: na categorías de grupos, 150, 75 e 50 euros; en parella, 100, 60 e 40 euros; en individual 70, 50 e 30 euros; en raíña 100 euros; en rei 100 euros.

O domingo 11 de febreiro ás 18.00 horas celebrada unha Foliada de Choqueiros e máis a Festa da Filloa (con degustacións e obradoiros). Será na carpa da fachada marítima sonense (en caso de chuvia no Local Náutico do Son). Está prevista a actuación da BMT Suevia e de Brumeigho, máis a participación especial de Son Elas. Ao remate haberá marxe para unha foliada libre.

O luns 12 de febreiro a troula dará comezo ás 17.00 horas, cun novo concurso de disfraces para adultos, grupos e comparsas. Novamente haberá unha ruada do Entroido dende a Casa da Cultura polo rueiro de Porto Son, contándose coa presenza da banda Psycodelia e de Os Solfamidas (en caso de chuvia a festa trasladarase ao Pavillón de Santa Irene). Os premios son os seguintes: na categoría de comparsas, 800, 500 e 300 euros; na categoría de grupos 500, 300 e 200 euros; e na modalidade individual 200, 100 e 50 euros.

A festa prosegue o martes 13 de febreiro con inchábeis de Entroido, de 16.30 a 20.30 horas, no Polideportivo de Santa Irene.

O mércores 14 celebrarase o Enterro do Felipiño, a partir das 19.30 horas.

As inscricións nos certames hai que facela no Rexistro do Concello ou na sede electrónica portodoson.gal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.