O Concello de Ribeira presentará xunto coa Cofradía da Dorna a súa candidatura para acoller o “XVII encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia”

22 Febreiro 2024


O Pleno Extraordinario do 22 de febreiro, o Concello aprobou desestimar o recurso de reposición interposto polo xerente da Ute Auditorio de Ribeira contra o acordo do pleno de resolución do expediente de penalidades da obra do Novo Auditorio de Ribeira.
A obra, que debía de estar rematada o 21 de agosto de 2023, non se recepcionou ata o día 13 de decembro. A penalización, dacordo coa Lei de Contratos do Sector Público, por non rematar en tempo e forma a obra “envía unha mensaxe moi clara a tódalas empresas coas que traballa o Concello; que este equipo de goberno vai velar por cada euro que se gaste das arcas públicas” explicou o alcalde Luís Pérez.
Asimesmo tamén se aprobou a presentación da candidatura do Concello de Ribeira para acoller o “XVII encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia”, a través da “Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna”. O alcalde, Luís Pérez, destacou a importancia de contar con este evento enmarcado no calendario da Festa da Dorna, e agradeceu á directiva da Cofradía por apostar por este encontro tradicional, que significa “unha gran valorización da historia, do patrimonio, da cultura e das tradicións do noso municipio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.