O Concello de Ribeira mantén unha reunión coa veciñanza de Oleiros

23 Febreiro 2024


O equipo do Goberno municipal de Ribeira mantivo unha reunión coa veciñanza da parroquia de Oleiros co propósito de informar das actuacións que o Consistorio está a levar a cabo na parroquia e para recoller todas as inquedanzas que ten a veciñanza en diferentes eidos. Os membros do Executivo informaron de que están próximas ao seu remate as obras de saneamento no lugar de Canabeiro, así como a mellora de accesibilidade e beirarrúas en Gándara.

O equipo de Goberno tamén abordou algunhas actuacións proxectadas para os vindeiros meses na parroquia; como a instalación da rede de saneamento en Lixó, financiada co fondo de compensación ambiental, a pavimentación do camiño dos Muíños; financiada con fondos da Deputación da Coruña, e a construción dos novos vestiarios e cantina no campo de fútbol de Oleiros. 

“É necesario seguir ampliando a rede de servizos esenciais cos que conta a parroquia”, afirmou o alcalde Luís Pérez, engadindo que “abordamos o compromiso que adquirimos coa veciñanza de seguir incrementando a rede de saneamento e auga para consumo; así como a mellora da pavimentación das estradas na parroquia”.

A veciñanza trasladou ao equipo de Goberno a necesidade de acometer varias actuacións, como a mellora da sinalización e o mantemento do río Artes (Sanchanás), ou a mellora do parque infantil dos Muíños. No encontro tamén se abordou a necesidade de mellorar o estacionamento do Hospital do Barbanza; e nese sentido, o Goberno local comprometeuse a trasladarlla ás administracións competentes na materia para “que poidan chegar a un acordo coa comunidade de montes e habilitar estacionamentos gratuítos e ben asfaltados para esa infraestrutura básica emprazada na parroquia de Oleiros.

Outro dos temas abordados na reunión foi a implementación de melloras na accesibilidade e a seguranza viaria coa dotación de beirarrúas, o calmado de tráfico, ou “a pavimentación de diversas rúas na parroquia que precisan un mantemento axeitado despois de anos sen ningún tipo de actuación”, concluíu o rexedor Pérez Barral.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.