O Concello de Ribeira impartirá un curso de atención sociosanitaria para persoas no seu domicilio

01 Febreiro 2024

O Concello de Ribeira vai pór en marcha un curso para achegar formación especializada en materia de atención sociosanitaria para persoas no seu domicilio. Terá unha duración de 618h. Trátase dun certificado de profesionalidade de nivel II polo que os requisitos do alumnado que queira participar son os seguintes: persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego, cun nivel de estudios de “ESO ou equivalente”, ou competencias clave de nivel II.

O curso leva incluídas 120h de prácticas en empresas e dous módulos transversais de formación para a igualdade e de inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero.

“O propósito desta actividade formativa é o de formar a profesionais capacitados no coidado e a atención a persoas en situación de vulnerabilidade, especialmente no ámbito domiciliario. É unha formación integral que prepara a individuos para desempeñarse con eficacia e empatía na asistencia a quen require axuda no seu fogar”, explicou a concelleira de Emprego Genoveva Betanzos.

As persoas interesadas en participar como alumnado neste curso poden informarse na Oficina de Desenvolvemento Local (Concello de Ribeira – Auditorio. Praza dos Mariñeiros, no teléfono 981 835 417 ou ben no enderezo electrónico maria.paz@ribeira.gal. As inscricións deberanse realizar na Oficina de Emprego.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.