O Concello de Ribeira adxudica a renovación de servizos básicos na rúa Curbelo (Aguiño) e na avenida de Bos Aires (Corrubedo)

28 Febreiro 2024
A avenida de Bos Aires en Corrubedo

O Concello de Ribeira vén de adxudicar a pavimentación e renovación de servizos na rúa do Curbelo, en Aguiño, por un importe de 91.660,04 euros e un prazo de execución de 4 meses, así como tamén o saneamento na rúa Bos Aires, en Corrubedo, cun importe de 35.756,37 euros e un prazo de execución de 2 meses.

A actuación na rúa Curbelo ten como propósito mellorar as condicións de accesibilidade e funcionalidade da zona, modernizando a rúa e creando unha plataforma única, dando preferencia ao tránsito peonil. Para iso procederase a mellorar os servizos de saneamento e rede de pluviais de xeito previo á pavimentación da rúa.

Doutra banda, no tramo inicial da rúa Bos Aires, na parroquia de Corrubedo, quérese emendar a ausencia de rede de saneamento, polo que se instalará este servizo e realizarase a reposición do pavimento afectado pola execución das gabias. Este investimento inclúese no plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS+ 2023.

“Dende o Concello seguimos a traballar para mellorar a pavimentación e o saneamento naquelas rúas que se atopen deterioradas” explicou o alcalde Luís Pérez Barral, engadindo que “a mellora dos servizos é fundamental para o desenvolvemento sostíbel de todo o termo municipal”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.