
O Concello de Muros celebra este venres, 9 de febreiro, unha Festa de Entroido dos Anos 70 para persoas maiores de 60 anos.
Esta actividade forma parte do ‘Programa Vida Activa’ da Concellería de Servizos Sociais e comezará ás 20.30 horas na antiga fábrica de Sel. O prazo de inscrición remata ás 14.00 horas do propio venres 9 ou ata completar o aforo.
A inscrición pode facerse na ligazón específica habilitada ou no 981 762 465 (Servizos Sociais) e no 981 762 294 (oficinas do Centro Cultural e Xuvenil).
O domingo 11 de febreiro ás 17:00 horas celebrarase o concurso de comparsas e disfraces, que percorrerá Virxe do Camiño, avenida Porteliña, rúa Castelao e Curro da Praza. O concello repartirá más de 3.500 euros en premios.



