O Concello de Muros mellora a rede de saneamento de Outeiriños para evitar as filtracións de auga nas vivendas

22 Febreiro 2024

A Brigada de Obras do Concello de Muros realiza estes días uns traballos de mellora na rede de saneamento de Outeiriños, na parroquia de Serres.

“Estas actuacións nas parroquias son unha prioridade para o Goberno local, xa que son as que melloran a vida diaria dos nosos veciños e veciñas”, explica a alcaldesa, María Lago.

En concreto, os traballos consisten “na substitución dunha tubaxe de pluviais de fibrocemento que provocaba filtracións nas vivendas e garaxes do lugar”, explica a concelleira de Obras de Muros, Laura Rivadeneira.

“No seu lugar, os operarios do concello poñen unha tubaxe de PVC de 315 ml de diámetro, que supón un aumento de caudal e máis de 70 metros lineais de canalización”, engade Rivadeneira.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.