O Concello de Boiro patrocina a velada de boxeo I Memorial Luis Torrado Treus que se celebra este sábado

23 Febreiro 2024



O Concello de Boiro patrocina a velada de boxeo I Memorial a Luís Torrado Treus que organiza o Club Torrado Treus e que se celebra este sábado 24 de febreiro no Pavillón Municipal de Barraña. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na tarde deste venres 23 na presentación da actividade xunto co presidente do club, José Antonio Vidal; o presidente da Federación Galega de Boxeo, Manuel Planas; e o presidente da Asociación Galega de Xestores Deportivos, Eduardo Blanco.

Na presentación estivo tamén a deportista Clara Villares, unha das persoas que competirá este sábado no combate galego, afirmou estar “moi contenta de participar nesta competición e traballar para que o título de campioa galega quede no Barbanza”. Os deportistas profesionais realizaron tamén esta tarde a pesaxe de cara aos combates deste sábado.


O I Memorial Luís Torrado Treus terá lugar este sábado a partir das 19.00 horas e contará con sete combates e un total de 14 participantes. Haberá dous combates profesionais, un campionato feminino galego e combates amateurs. “Dende a Federación estamos moi orgullosos da organización deste evento que ademais se lle dedica a unha persoa que apostou polo deporte do boxeo aquí na comarca e que tivo unha gran escola”, afirmou o presidente da Federación Galega de Boxeo, Manuel Planas.

Varios deportistas do club e da súa canteira van participar neste evento, que combina combates profesionais con afeccionados, nun espectáculo que se poderá presenciar en Boiro. “Dende o Concello de Boiro estamos moi agradecidos de que decidiran facer aquí esta velada de boxeo e acoller un evento dedicado a unha persoa tan importante para este deporte como foi Luis Torrado Treus”, afirmou o concelleiro Marcos Fajardo.

As entradas para asistir están xa á venda e poden conseguirse de xeito anticipado no Ximnasio Ozono de Boiro e en Motor Café a un prezo de 10 euros en grada e 12 euros en asento. Tamén se poderán conseguir o sábado na billeteira a un preso de 12 euros para grada e 14 para asento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...