O alumnado de Tahume IX comezou o período de prácticas sobre o terreo

23 Febreiro 2024

As e os participantes no Obradoiro de Emprego Tahume IX, posto en marcha polos Concellos de Porto do Son e Ribeira para mellorar a formación especializada e favorecer a inserción laboral das persoas desempregadas dos ditos municipios, comezaron estes días o seu período de prácticas sobre o terreo nas especialidades de Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, que son os dous eixes formativos que vertebran esta novena edición do obradoiro.

O alumnado de Tahume (20 persoas demandantes de emprego, 10 por cada un dos concellos organizadores) conta coa axuda dun director de obradoiro, dous mestres para ambas especialidades e un titor. Os días pasados, para completar a súa formación, visitaron a sede de AMBAR en Frións (Ribeira), onde foron recibidos polo voluntario da entidade e experto en agricultura ecolóxica Manolo González, que lles mostrou o traballo que se está a levar a cabo no invernadoiro da asociación inclusiva.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.