Nova plantación de freixos e ameneiros no río Tins de Outes

24 Febreiro 2024
Fundacion Montescola. RedNatur

A pesar da chuvia, este sábado 24 de febreiro realizouse unha nova actividade de voluntariado ambiental do proxecto ReNatur Outes, na que unha ducia de participantes plantaron 76 freixos e ameneiros ao longo do treito urbano do río Tins na Serra de Outes, contribuíndo á súa renaturalización. Os traballos continuarán o próximo mércores día 28 co alumnado do CEIP Plurilingüe de Outes.

O obxectivo da acción é dobre: consolidar os noiros do río para evitar erosión e danos durante os episodios de enchentes e contribuir á recuperación dos ecosistemas de ribeira, pois estas árbores teñen unha especial importancia como refuxio de invertebrados bentónicos e pequenos invertebrados. O proxecto ReNatur_Outes plantará 300 novas árbores e 200 arbustos no treito urbano do río.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

Amicos e CESUGA xuntan forzas en materia sociolaboral

A mañá deste mércores, 11 de febreiro, o Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) asinou un convenio con Amicos, asociación inclusiva do Barbanza en materia sociolaboral. Segundo coincidiron, este acordo estratéxico permitirá achegar...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.