O Concello de Porto do Son comezou febreiro materializando varios proxectos de acondicionamento en media ducia de núcleos tradicionais, envorcando esforzos na posta a punto dos accesos e das infraestruturas. Estes traballos realizaron puxeron o foco, principalmente, na mellora de estradas, camiños e canalizacións e tamén en achegar máis seguridade, limpeza, mobilidade e accesibilidade. Actuouse en Queiruga, Goiáns, Ribasieira e San Pedro, e tamén se traballou no acondicionamento estético e funcional de media ducia de fontes históricas doutros tantos núcleos tradicionais.

Acondicionamento de accesos na parroquia de Queiruga

Acondicionamento de accesos na parroquia de Goiáns

Acondicionamento de accesos na parroquia de Miñortos

Acondicionamento de accesos en Inxerto, Ribasieira

Acondicionamento de gabias en Seráns, San Pedro

Acondicionamento de camiños en Xufres, Ribasieira




