Martes con chuvascos que darán tregua pola tarde

12 Febreiro 2024

O martes, festivo local en Ribeira, amenceremos con ceos cubertos e con algúns orballos máis probables na cormarca. A partir do mediodía iranse abrindo claros polo norte e leste do territorio, volvendo nubrarse a últimas horas, debido a unha fronte pouco activa que entrará pola costa atlántica. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán. Os ventos soprarán moderados do suroeste no litoral, frouxos no resto.

Na comarca teremos alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios aínda que oscilarán.
No referido á calidade do aire, será variable aínda que agárdase que finalmente cambie ata un grao favorable.

O noso mar: Vento do sur, forza 3 a 4 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Marusía á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade mala á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...