Na xornada do luns, festivo local en Porto do Son, quedamos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con ventos do suroeste que traerán moita humidade. Así, agárdanse ceos cubertos en xeral, con orballos máis probables durante a mañá e que irán remitindo co avance do día. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso, quedando unha xornada con moi pouca oscilación térmica. O vento soprará de dirección variable pola mañá, quedando frouxo do suroeste o resto do día.

O noso mar: Vento variable á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e 1.5 a 2.5 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



