José Ramón Romero, alcalde de Boiro, visitou a sede de AMBAR

16 Febreiro 2024

Este venres 16 de febreiro a sede en Ribeira (Frións) do Centro de Recursos da Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional recibiu a visita de José Ramón Romero, alcalde de Boiro, acompañado de Raúl Romero Treus, concelleiro de Política Social e máis de Lidia Sueiro e Tania Rey, traballadoras sociais do Concello de Boiro. Durante a súa estadía no centro de Frións estiveron acompañados por Milagros Rey, presidenta da asociación inclusiva da nosa comarca, Alicia Romero, secretaria de AMBAR e Helena Teira, coordinadora da asociación.

Tiveron oportunidade de coñecer as instalacións do Centro de Recursos e os diversos obradoiros e servizos que se levan a cabo dende a entidade, como por exemplo o obradoiro de habilidades instrumentais, o de cestería, obradoiro de arte, artesanía, o grupo de artes escénicas e a Formación de Forestais que se está impartindo actualmente no centro.

As persoas usuarias de Ambar encargáronse de explicarlles o traballo que realizan en cada un dos obradoiros e compartiron todo sobre os seus proxectos co equipo do Goberno do Concello de Boiro.

Concello colaborador

O Concello de Boiro colabora coa asociación en programas para levar a cabo actividades e tamén desprazamentos.

Durante a súa estadía, o alcalde, José Ramón Romero, felicitou á asociación polo “gran traballo que fan” e as súas propostas “realizando actividades en función dos gustos e das habilidades de cada un, adaptándose ás preferencias de cada persoa fomentando a súa autonomía persoal”.

E engadiu o rexedor: “O compromiso das asociacións é fundamental para que entidades como AMBAR poidan desenvolver os seus proxectos que repercuten directamente no benestar das persoas e dende o Concello de Boiro imos seguir traballando nese sentido”.

A Asociación Ambar promove iniciativas e actividades na comunidade, fomentando a autonomía persoal e o apoderamento de persoas con diversidade funcional. Realizan actividades e proxectos que promoven a participación e a inclusión social das persoas con diversidade funcional.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.