Inaugurada na Pobra unha mostra pictórica de artista holandesa afincada na nosa comarca Karin Kuijper

05 Febreiro 2024

Romarías, barcos, xardíns… Elementos propios da idiosincrasia holandesa e galega están presentes na trintena de cadros que Karin Kuijper exhibe na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler ata finais de mes.

Natural de Utrecht, nos Países Baixos, reside en Rianxo dende hai anos e o seu interese pola identidade galega fixo que pescudase máis sobre as nosas tradicións para reflectilas no acrílico sobre o lenzo. De feito, actualmente atópase mergullada no estudo dos diversos disfraces do Entroido galego, como os peliqueiros de Laza ou as damas e galáns de Cobres, que gozan de moito colorido, do mesmo xeito ca as pinturas de Kuijper.

Pintora autodidacta, dende moi nena decantouse polo debuxo e, logo de xubilada do ámbito sanitario como enfermeira, decidiu dedicarse por completo á actividade artística.

Durante a apertura da mostra na tarde do día 2 de febreiro estivo acompañada pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo, quen destacou “a vitalidade destas obras nas cales predominan a cor e a fantasía propias do estilo naif.” E engadiu: “A Casa da Cultura é un espazo moi importante na vida cultural da comarca e goza de gran dinamismo con mostras tódolos meses: fotografía, escultura, pintura… Aquí tódalas disciplinas artísticas teñen cabida independentemente de se proceden de colectivos ou particulares, noveis ou xa consagrados”, remarcou a edil. O acto estivo amenizado por Barahúnda.

A exposición pódese visitar de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...