Este venres comeza o Entroido de Rianxo con disfraces e música na carpa da praza de Castelao, a partir das 22h

09 Febreiro 2024

O Entroido de Rianxo comeza este 9 de febreiro e inclúe actividades (do Concello e de entidades sociais e culturais locais) festeiras e creativas até o 17 deste mes. Haberá concertos, propostas para a rapazada, concursos de disfraces grupais o sábado na vila, unha andaina choqueira en Leiro e un concurso de carrozas en Taragoña, entre moitas outras cousas.

A troula comezará o venres 9, a partir das 22, na Carpa do Entroido da praza de Castelao, onde se celebra o Entroido Made In Jalisia (con concurso de disfraces e actuacións de The Cuncas e Bruno Dee Jai). Organizan a Asociación Festival Rock In Rian e o Concello.

O sábado 10, sen saírnos da Carpa do Entroido da praza de Castelao, haberá música e actividades a esgalla. A axenda comeza ás 13.30 horas cunha sesión vermú a cargo de Mar D’Arousa e segue pola tarde, ás 18h, con bingo (con premios incluídos) e música con DJ Jalaiko. Pola noite haberá un concurso de disfraces de grupo (cunha cea de premo) e música a cargo de Mar D’Arousa e DJ Matrek. Organizan a Asociación Virxe do Carme de Rianxo e o Concello. Colabora a ARE.

Na mesma xornada do sábado, celebrarase pola mañá unha andaina choqueira e (logo) un cocido do Entroido no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro. Organiza a Asociación CC Vicente Vidal de Leiro.

A partir das 16.30 desenvolverase no Centro Cultural da Capela (Araño) unha Festa do Entroido (filloas, animación musical a cargo de Vila de Noia e premios por categorías). Organiza a Asociación Veciñal do Araño en colaboración con Concello.

O domingo 11 haberá máis actividades na Carpa do Entroido da vila de Rianxo. A partir das 17.00 actuarán o Mago Noel (Que curioso), Peter Punk (Peor imposible) e DJ Jalaiko. Haberá un posto con gofres e filloas, máis un sorteo de agasallos entre as persoas disfrazadas (varias categorías). Organiza a Asociación Virxe do Carme e o Concello, coa colaboración da ARE.

O luns 12 haberá inchábeis, obradoiros e xogos diversos na Carpa do Entroido de Rianxo, pola tarde a partir das 16.30 horas.

O martes 13 celebrarase unha festa infantil Fareleira na Carpa do Entroido, tamén pola tarde. Haberá inchábeis, obradoiros e xogos diversos.

O mércores 14 enterrarase o Toribiño en Rianxo, a partir das 20.00 (na praza de Castelao e logo na zona portuaria). Organizan Rock In Rian e o Concello de Rianxo.

O sábado 17 a parroquia de Taragoña despedirá o Entroido cunha gran festa no Campo de Pasos, a partir das 16.30 horas. Haberá inchábeis, obradoiros e xogos diversos e, tamén un desfile, un concurso de carrozas (con premios ás tres mellores) e acompañamento musical polos grupos Estróupele e Lusco e Fusco. Ás 20.00 horas celebrarase unha parodia do Luar, presentada por Román Castaño e co xurado de Todomal.gal. Ás 22.30 horas haberá verbena e fin de festa a cargo de Metrópolis e DJ & Sound Iván. Organizan a Asociación Campo Maneiro e a Comisión de Festas de Taragoña e o Concello.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.