
Este mércores 21 continúa o ciclo de faladoiros Mércores Formativos en Rianxo que organizan o Concello e máis a Asociación AGADEA Alzhéimer. Nesta ocasión Laura Navarro (musicóloga e investigadora do IDIS) falará da Música máis alá das emocións e a súa relación con enfermidades dexenerativas como o alzhéimer. Será no Centro Sociocultural Liceo a partir das 17.00 horas.
A actividade forma parte dun ciclo de faladoiros de balde sobre envellecemento saudábel, coidados, autonomía e calidade de vida. O programa comezou o 31 de xaneiro coa charla O manexo da medicación en persoas con demencia, a cargo de Ana Calvo, enfermeira do SERGAS, e prosegue este mércores 21 de febreiro con Música máis alá das emocións, a cargo de Laura Navarro.
As sesións volven o 20 de marzo, coa xornada As claves da alimentación en persoas con alzhéimer, por Laura Urones, enfermeira especialista en nutrición, e máis o 19 de abril, con Réxime legal das medidas de apoio ás persoas con discapacidade derivado da nova Lei 8/2021, por Eduardo Porta, avogado.
O ciclo continúa o día 8 de maio, con Ferramentas de intelixencia emocional: empatía, reflexión e resiliencia, por Miguel A. Gómez, experto en intelixencia emocional.
As persoas que participen nos faladoiros obterán un diploma oficial da Escola Galega de Saúde.
Podemos inscribirnos nos Servizos Sociais do Concello de Rianxo ou mandando unha mensaxe a comunicacion@agadea.org.