“España, cada vez máis lonxe de establecer marcas humanitarias”. Antón Luaces

12 Febreiro 2024

Nunca foi España un país de gran acollida para a maioría de aqueles que, por circunstancias persoais de diverso tipo, a solicitan. Quen llo ía dicir a unha nación da que, secularmente, migraban -e aínda seguen a migrar- milleiros de compatriotas, na súa maior parte na percura dun traballo digno e ben remunerado que aquí non atopan malia ser España deficitaria en man de obra. Boa proba é que Buenos Aires, a capital arxentina, segue a ser considerada a quinta provincia galega.

España sempre estivo lonxe da media europea en concesións de asilo. Máis os datos que atinxen ao pasado ano 2023 non deixan nengún tipo de dúbidas: o ano con máis peticións de asilo -con 163.220 persoas solicitantes- tamén foi o ano  no que España retrocede en concesións de asilo, segundo informa a este xornal a Comisión Española de Axuda aos Refuxiados (CEAR). E se nos países da Unión Europea a taxa media de recoñecemento é do 40%, durante o pasado ano España concedeu o asilo a só 12 de cada 100 persoas que o solicitaron.

Persoas, é importante non esquecer que falamos de persoas que piden proteción. Case que o 80% desas persoas son nacionais de Venezuela, Perú e Colombia; en torno ao 20% son nenas e nenos, e o 47% -case a metade da cifra sinalada- son  mulleres. 

Un ano máis, enfrontándose á ilegalidade durante meses diante da alarmante falta de citas; un ano máis, lembra a CEAR, aumentaron as solicitudes pendentes de resolución, con máis de 190.000 persoas agardando unha decisión da que depende a súa vida; e un ano mñais, as persoas nacionais de países coma Colombia ou Senegal, ven como unha inmensa maioría das sñuas solicitudes son rexeitadas (94% e 83% respectivamente)  malia as graves ameazas aos derfeitios humanos ás que se enfrontan. 

Porque as autoridades políticas, se ben falan de aplicar medidas para unha migración regular, a realidade é que non paran de lles pór obstáculos.

CEAR esixe por activa e por pasiva, que, como contempla a Lei de Asilo, sexa posible solicitar asilo en embaixadas e consulados, coa aplicación dun ominoso silenzo administrativo incomprensible para os afectados.

Compre activar máis vías legais para salvar a vida de milleiros de persoas que, por outra banda, virían moi ben a un país, España, que precisa de milleiros de traballadores cos que ocupar a falta de remuda nas empresas de toda caste.

Esquecemos moi rápido a resposta que algúns dos paìses citados deron aos milleiros de españois -entre eles moitos galegos- que por causas políticas, sociais ou laborais, arribaron ás súas costas en demanda dunha axuda que non se lles negou. A resposta aquí non é a mesma que aló lles deron aos nosos antergos.

Outros artigos

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

A cidadanía cada vez é máis consciente de que os dereitos pódense perder se non se loita por eles. Así o poñen de manifesto cada día, moitos veciños, con anterioridade xa o fixeron na parroquia de Corrubedo, logo na parroquia de Palmeira e agora nas parroquias veciñas...

+

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...

+

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

El papa Francisco afirma que rechazar a los migrantes es un "pecado grave" El papa Francisco afirmó que ante el drama de la migración no sirven "leyes más restrictivas" o "la militarización de las fronteras" y que rechazar a los migrantes "es un pecado grave". La...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ambosores” – Xulio Xiz

“Ambosores” – Xulio Xiz

O sábado tocou incursión por As Pontes, terras veciñas que a división provincial se empeñou en arredar e a realidade en xuntar, e aí está a autovía entre As Pontes e Vilalba, e os centos de postos de traballo que As Pontes deparou nas décadas pasadas. Visitamos nas...

“Desgraciados inmorales” – Manuel Domínguez

“Desgraciados inmorales” – Manuel Domínguez

Desgraciados inmorales. No merecen respirar el aire que respiran. Hasta mayo de 2023, los políticos que trabajan en el congreso solían gastarse un total de 4,5 euros en el menú diario. Pero actualmente, el precio ha ascendido hasta los 6,46 euros. El menú diario...