O Entroido chega cunha nova edición impresa de “O Barbanza” cunha ampla axenda de actividades

12 Febreiro 2024

Un novo número de “O Barbanza” sae do prelo nunha edición impresa dobre. A publicación que chega o número 57 e 58, xa está en distribución en toda a comarca, trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos de entroido. Nesta edición facemos un parte de obras, proxectos e eventos, adiantamos actividades culturais e de dinamización comercial de cara a este tempo de festas e facemos resumen das novedades literais.

Especial contido neste número á cultura da comarca con artigos sobre o Museo Valle-Inclán da man do seu director Antonio Gonzalez Millán, que por certo fará un roteiro o sábado 17 desde o propio Museo con charlas e visitas guiadas o propio Museo e o Pazo do Couto e cunh programa no que intervirá Xaquín del Valle-Inclán Alsina – Biógrafo. Investigador. Crítico literario . Tamén abordamos o XVII Encontro Arqueolóxico do Barbanza e recuperamos o “Prólogo dun libro inédito de Carlos García Bayón” sobre “Xunqueiras, os Gasset e outros personaxes I entrega”.

Coma sempre o turismo, a cultura, a historia e a actualidade local completan este número de “O Barbanza” que como é habitual cunha tirada de 6.000 exemplares, está xa en distribución de balde en todolos concellos da comarca e que se pode conseguir en numerosos puntos, descargalos en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben leelo nas distintas plataformas como pc, tablet e móbiles.

Invitarvos a seguirnos a diario na nosa rediseñada web “obarbanza.gal“, onde continúan a aumentar os nosos letores que no último mes superaron a media de 4.189 usuarios únicos/día e que seguen a actualidade da comarca as 24 horas, con xornadas que superan os 5.500 usuarios/día.

Coma sempre xa sabedes que podedes mandarnos as vosas opinións, informacións, colaboracións denuncias e convocatorias a redaccion@obarbanza.gal ou a través de whatsapp 608 240 160.

As nosas redes sociais acollen xa varios milleiros de seguidores e podedes darvos de alta a través de facebook e twitter.

O próximo número da nosa publicación impresa sairá a mediados de marzo cun especial dedicado á semana santa. Grazas polo apoio e darnos a coñecer.

Invitarvos o roteiro do día 17 que empezará ás 11 da mañá na Torre de Bermudez na Pobra, organizado pola nosa publicación O Barbanza co galo do día dos Medios en Galego. Un evento dirixido por Antonio González Millán co seguinte Programa:

11:00 h. Visita á Torre dos Valle Bermúdez, declarada monumento histórico-artístico de carácter nacional e ó Museo Valle-Inclán decano do país. Intervención de Antonio González Millán – Director da institución.

11:30 h. Ponencia: “Ramón del Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal”. Intervención de Xaquín del Valle-Inclán Alsina – Biógrafo. Investigador. Crítico literario.

12:00 h. Roteiro biográfico “Ronsel de xenialidades: Valle-Inclán e García Martí, de Galicia ás letras internacionais”. VV.AA. percorrido comentado por lugares vividos ou recreados nos seus textos.

13:00 h. Visita comentada ao Pazo do Couto, no núcleo histórico do Castelo. Intervención de Antonio González Millán – Especialista en Historia e Arte de Galicia e en Museoloxia.

O roteiros é libre e non se necesita inscribirse.

Outros artigos

Luns 16, onda de calor con ceo despexado que seguirá toda a semana

O luns, unha masa de aire cálida entrará na comunidade, deixando ceos despexados en xeral, salvo no norte de Lugo, onde haberá nubes de estancamento. As temperaturas subirán de maneira moderada a notable, superando os 30ºC en moitos puntos. O vento soprará do nordés,...

+

Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. Máis de 400 persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.