
A tregua na choiva permitiu que centos de veciños seguiran en directo o festival de murgas, comparsas e carrozas que tivo lugar na carpa instalada na avenida do Malecón en Ribeira. O festival congresou a unhas 600 persoas e foi trasmitido amais por internet e pola canle comarcal de televisión Canal Barbanza.
O primeiro premio foi para ” OS DE SEMPRE DE PORTO DO SON”, o segundo “AQUELARRE PORTUS ÉBORA DE PORTO DO SON” e o terceiro “MURGA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CARREIRA”. O resto dos doce grupos participantes levaron 200 euros cada un.
As comparsas e carrozas percorreron tamén as rúas do centro da cidade coa participación de moitos veciños.














