O Concello de Rianxo, a través do Plan de recuperación de árbores frondosas nas franxas secundarias de protección contra os lumes forestais (convocatoria 2024), está a distribuír entre a cidadanía, de xeito gratuíto, plantas de especies frondosas entre as persoas propietarias de fincas situadas nas franxas secundarias de protección contra os incendios forestais. Entregarase un máximo de 10 por solicitante, previa comprobación por parte do Servizo de Medio Ambiente de que a finca se atopa correctamente limpa. Segundo confirmou o Concello, as solicitudes pódense realizar no Servizo de Medio Ambiente (Museo do Mar) chamando ao 981 86 08 08.




