Detido un narco galego cun alixo de 4.000 kg de cocaína ao sur das illas Canarias

15 Febreiro 2024

Axentes da Garda Civil, da Policía Nacional e do Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria interceptaron a 500 millas náuticas ao sur das illas Canarias, unha embarcación semirríxida cando transportaba 4.350 quilos de cocaína.

Unha operación internacional en que foron detidas catro persoas, entre elas un narcotraficante galego, José Manuel Costa Hermida. Coñecido polas forzas de seguridade, é natural da comarca do Salnés e segundo fontes da investigación, pilotaba a narcolancha no momento de ser intervida. José Manuel Costa Hermida tamén estaba sendo investigado pola fabricación deste tipo de embarcacións. 

O buque  de operacións especiais Petrel do Servizo de Vixilancia Aduaneira realizou a abordaxe  nun operativo coordinado coas autoridades dos Estados Unidos e do Reino Unido. Tras a interceptación e a abordaxe da narcolancha, comprobouse inmediatamente a súa carga, e procedeuse á detención dos seus catro tripulantes de nacionalidades española, romanesa, marroquí e moldova. 

A operación desenvolveuse no marco da loita contra o tráfico de drogas na denominada ruta atlántica da cocaína, coñecida por ser utilizada por todo tipo de embarcacións que, procedentes de América do Sur, transbordan substancias estupefacientes na metade do Atlántico para a súa posterior introdución no continente europeo.

A operación, coordinada pola Fiscalía Antidroga da Audiencia Nacional, non está pechada e investígase a posible presenza na zona doutras embarcacións que puidesen estar implicadas, polo que non se descartan novas actuacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.