Denunciada unha onda de roubos no centro de Ribeira

21 Febreiro 2024

Veciños de varias rúas do centro de Ribeira denuncian que nos últimos días producíronse varios roubos en coches, así como pequenos furtos que sementaron a inseguridade nesta zona. Unha das vítimas foi o propietario dun turismo ao que lle rebentaron unha lúa da parte de atrás coa intención de entrar no vehículo e apoderarse do que houbese no interior. Con todo, ao romper o cristal saltou a alarma, que escorrentou ao delincuente, que finalmente se tivo que marchar cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha.

Segundo recolle La Voz de Galicia os roubos están a cometerse na contorna das rúas Valle-Inclán, avenida Romero Ortiz, Novoa Santos e rúa Toxo. Todo parece indicar que se trata dun delincuente habitual.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.