A Pobra vai acoller este mes de marzo un novo curso de apicultura organizado por DAGA Barbanza (Asociación Galega de Apicultura), enmarcado nas súas Xornadas Apícolas. Formarase aos asistentes en floración apícola, procesado e usos do pole. O curso terá unha vertente teórica de mañá e unha parte práctica pola tarde, cun apicultor profesional que amosará aos asistentes como se recolle e se procesa o mel. O custe do curso será de 25 euros para socios da AGA e de 35 para non socios. Desenvolverase o vindeiro 23 de marzo de 10.00 a 19.00 horas con descanso para xantar.
