“Cristo versus amnistía”. Olegario Sampedro

06 Febreiro 2024

O trendic topic destes días vén sendo algo absolutamente sorprendente e inesperado: a polémica xerada por un cartel da próxima Semana Santa sevillana no que se representa un Cristo na Paixón. Unha imaxe que pasaría practicamente inadvertida se non fose pola lexión de detractores que puxeron o grito no ceo (sic) pola que consideran unha profanación na expresión doente do fillo de Deus. No seu escandalizado parecer, o xesto do de Nazaret resulta pouco sofferente para encarnar con fidelidade a unha persoa sometida ás terribles aldraxes padecidas camiño do Gólgota. A virulenta mostra de indignación virou coma un búmerang, e o intento de represión artística converteuse, polo famoso efecto Barbra Streisand, na mellor e máis efectiva publicidade do pintor que deseñou a bosquexo gráfico.
Máis alá da relevancia ou non da miña opinión sobre o asunto, estes momentos son os que realmente me reafirman en que paga a pena, e moito, ser cidadán deste país. Estas polémicas son a quintaesencia ibérica e a constatación de que, no fondo, tantos berros pola amnistía e tanta gaita teñen unha importancia relativa nas preocupacións da maioría da xente.
Alégrome enormemente pola discordia xerada por unha imaxe, xa que resulta unha proba máis que evidente de que España non está en almoeda nin a piques da desintegración. Non podemos estar no canto do abismo se todas as mentes pensantes e non pensantes do país andan debatendo os sutís matices iconográficos da santa face de Xesús; unha controversia que, por fin, destrona o monopolio mediático político actual.
Os habitantes desta Pel de Touro que, segundo algúns, está a punto de esnaquizarse en diminutos retallos, volven a demostrar que a importancia da vida está no cotián. Os cidadáns de a pé constatan, unha vez máis, que Kant estaba tremendamente equivocado no seu concepto de transcendencia, xa que saben e entenden que a barra dun bar pode resultar unha ágora moito máis sabia e concluínte que bastantes parlamentos. Ou quizais algúns somos da ignominiosa opinión de que moitos dos debates da política nacional serían máis construtivos se se celebrasen nunha taberna tomando un barrantes… con gasosa, por se acaso.

Outros artigos

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.