Convocados para esta fin de semana os 18.377 aspirantes a 779 prazas do Sergas

02 Febreiro 2024

Un total de 18.377 aspirantes a 779 prazas do Sergas están convocados a realizar os exames de oposición esta fin de semana no Recinto Feiral Internacional de Galicia en Silleda. As prazas e exames divídense en 10 categorías do sistema sanitario público galego.  

O sábado examinaranse 1.618 persoas para as categorías de enfermeiro especialista en enfermería obstétrico-xinecoloxía, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e terapeuta ocupacional.

Na tarde do sábado, examinaranse as 7.790 persoas admitidas na categoría do grupo auxiliar da función administrativa, para a que se ofertan en total 318 postos de traballo.  

Un total de 669 aspirantes examinaranse a mañá do domingo. As prazas dispoñibles son 10 de enxeñeiro técnico, 32 de enfermeiro especialista en enfermería pediátrica, 31 de enfermeiro especialista en enfermaría de saúde mental e 17 de odontólogo de atención primaria. A categoría de celador foi a de máis admitidos, con 8.300 persoas. En total hai dispoñibles 306 postos.  

Un aspirante examinarase desde fóra de Galicia

Por primeira vez, realizarase un exame de oposición ao Sergas desde fóra de Galicia. Unha aspirante con 39 semanas de embarazo cumpridas realizará a proba nun hospital canario.

Así mesmo, toda aquela muller que estea de parto o día en que teñen lugar os exercicios de oposición poderá efectualo nos 15 días seguintes á realización das probas.   

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.