Comeza na sede de AMBAR unha nova actividade formativa centrada en actividades forestais

05 Febreiro 2024

Este luns 5 de febreiro a asociación inclusiva AMBAR puxo en marcha na sede de Frións (Ribeira) a súa formación en Actividades Forestais e Conservación e Mellora de Montes, dirixida a persoas con diversidade funcional. Segundo informou a asociación da nosa comarca, aínda quedan dúas prazas dispoñíbeis para este curso, polo que as persoas interesadas aínda poden inscribirse a través do formulario de inscrición ou chamando ao 673 879 034. Os requisitos para realizar a formación son ter unha diversidade igual ou superior ao 33%, estar inscrito no Servizo Público de Emprego e aportar a acreditación de demanda de emprego (DARDE) en vigor.

Este luns, para dar o inicio á formación estiveron presentes Daniel Tojo, orientador laboral; Milagros Rey, presidenta de AMBAR; Jessica Estévez , coordinadora da formación e Alicia Romero, secretaria da Asociación AMBAR.

Este curso realízase co apoio financeiro da Fundación ONCE a través da Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” Programa FSE+ de Inclusión – Ano 2023-2024.

Desenvolverase no marco do Programa de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza FSE+ 2021-2027 (Programa FSE+ de Inclusión) do Fondo Social Europeo (FSE), en concreto co Obxectivo Político 4, Obxectivo Específico h), establecido no Artigo 4 do Regulamento (UE) 1296/2013, relativo a “Fomentar a inclusión activa ó obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...