Boiro destinará achegas provinciais a obras de pavimentado nas parroquias, gasto corrente e financiamento de gastos sociais extraordinarios

08 Febreiro 2024

O Concello de Boiro celebrou este mércores 8 de febreiro un pleno extraordinario para a aprobación da participación de Boiro no POS+ 2024 da Deputación da Coruña.

A sesión pode visualizarse íntegra na canle de YouTube do Concello de Boiro.

As votacións da sesión plenaria quedaron deste xeito:

1 Aprobación, se procede, do ditame para participar no POS+2024 e aprobación de proxectos – aprobación con 10 votos a favor (PSOE e Boiro Novo) e 7 abstencións (PP e BNG).

2 Aprobación, se procede, do ditame para participar no POS+ adicional 1/2024 da Deputación provincial para o financiamento de gastos sociais extraordinarios – aprobación con 15 votos a favor (PSOE, PP e BNG) e 2 abstencións (BNG).

POS+2024

O Concello de Boiro propuxo destinar a achega provincial do Plan de Obras e Servizos a obras de mellora da seguridade viaria e servizos en distintos núcleos do rural e ao gasto corrente. Á Administración boirense correspóndelle neste ano 2024 un total de 691.533, 99 euros da axuda da Deputación da Coruña. Esta medida foi finalmente aprobada no pleno deste mécores 7.

Unha das actuacións previstas é a renovación do pavimento e mellora da seguridade viaria na estrada de subida a Espiñeira. As obras, que ascenden aos 147.100,33 euros, diríxense á “mellora da principal vía de enlace entre o núcleo urbano de Boiro e o Polígono de Espiñeira, así como o principal acceso ao instituto público de Espiñeira, mellorando o firme a seguridade viaria da estrada”.

Outra das actuacións é a renovación de servizos e pavimentos na rúa 52, entre a DP-1107 e o Esteiro. Unha actuación duns 148.843,26 euros que ten como finalidade continuar coa rede separativa de pluviais e canalización da auga, así como a pavimentación completa da rúa.

A terceira actuación proposta é a pavimentación e varios núcleos rurais como son o Boiro de Arriba, a Armada, Cubeliños, Pazos de Coroño e o Saltiño. Unhas actuacións en pequenos núcleos das distintas parroquias por un importe de 153.206,10 euros e que buscan “mellorar diversos camiños públicos municipais cun importante estado de deterioro, mellorando a vertebración do territorio”, sinalaron fontes do Concello, engadindo que tamén se vai destinar un importe de 242.384,33 euros da axuda provincial a financiar gastos correntes e un importe de 3.234,54 euros para a redución da débeda.

POS+ Adicional para gastos sociais

O equipo de Goberno boirense propuxo os días pasados destinar un importe de 111.281,33 euros do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para sufragar gastos sociais extraordinarios. Entre as distintas liñas de financiamento o Executivo aposta por aumentar a partida destinada a respiro familiar ata os 20.000 euros, “xa que é a máis solicitada dende a creación desta subvención provincial”. Tamén se vai empregar para aumentar o fondo de emerxencia e que chegará aos 50.000 euros nesta anualidade.

Ademais, unha das liñas que este ano se van incluír neste financiamento provincial é a creación dun programa específico para a loita contra a soidade dos maiores e persoas con discapacidade, realizando itinerarios específicos que axuden a mellorar a súa calidade de vida e benestar.

A maiores, destinarase unha parte da achega provincial á adquisición de camas, grúas e andadores para o préstamo e cesión ás familias con persoas dependentes.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...