
Delegacións de voluntarios de toda a diocese, nun número superior aos tres centenares, participaron na XXXII Asemblea Xeral
Extraordinaria de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela que se celebrou este sábado, día10 de febreiro no Colexio La Salle de Santiago.
O encontro foi presidido polo arcebispo monseñor Francisco José Prieto Fernández. Despois da acollida e oración, monseñor Prieto Fernández dirixouse á Asemblea para falar da nova etapa que se inicia na entidade á vez que animará aos axentes seguir traballando para axudar ás persoas máis necesitadas.
A directora da institución, Pilar Farjas Abadía deu conta das liñas estratéxicas de actuación para os próximos anos e que se circunscriben en catro apartados fundamentais: soidade, vivenda, cobertura de necesidades básicas, e emprego.

Presentado o novo equipo encabezado por Santiago Fernández como delegado episcopal
O anterior equipo directivo recibiiu unha homenaxe da Asemblea polos longos 13 anos de traballo nos que foron responsables das accións levadas a cabo para axudar ás persoas máis vulnerables.
Foi presentado un relatorio sobre “A acción social de la Iglesia Católica en Siria”, contando coa participación do pai Natalio Saúdes, frade franciscano e Pablo Villaverde, voluntario dos proxectos sociais da Orde Franciscana.
Expoñerán a súa experiencia vivida en directo, o pasado verán, nun deses conflitos esquecidos. Coa celebración dunha Eucaristía e unha comida de confraternidade concluiu a programación.




